26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

O bispo Mons. Luís Quinteiro celebra a Asunción da Virxe María na catedral de Tui

O bispo Mons. Luís Quinteiro celebra a Asunción da Virxe María na catedral de Tui
Foto: Entrada principal del templo catedralicio de Tui | © Catedral de Tui.

Como cada 15 de agosto, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía solemne da Asunción da Benaventurada Virxe María, patroa de ambas as sedes catedralicias, alternándose cada ano nunha delas: este ano farao na catedral tudense ás 13 horas.

Como é sabido, tanto a catedral de Tui como a concatedral viguesa —que o é desde que en 1959 a antiga diocese de Tui foi nomeada co dobre título de Tui-Vigo—, están dedicadas a santa María da Asunción. Por iso o bispo decidiu alternar a súa presenza cada ano celebrando a eucaristía nunha das dúas sedes catedralicias. En Vigo, santa María é, ademais e por iso, a festa da patroa da cidade a quen está dedicado o templo, cuxas glorias se cantan desde antigo e que eternizaron os xograres medievais.  

En 1950, o papa Pío XII definiu solemnemente esta verdade de fe recibida da tradición da Igrexa. A asunción da Virxe —entendida como a elevación en corpo e alma da Virxe ao ceo— constitúe unha participación singular na Resurrección e unha anticipación da resurrección dos demais cristiáns. Neste sentido, o papa Francisco, na súa Audiencia do 5 de agosto de 2020, sinalou que “a festa da Asunción de María revela a sublime dignidade que Deus outorgou ao home”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp