Mons. Luís Quinteiro Fiuza, urxido pola súa inquietude pastoral de dar un novo impulso ás expresións de fe na semana principal do calendario cristián, decidiu nomear a Carlos Borrás Díaz de Rábago, delegado episcopal para a Semana Santa de Vigo, por un período de 4 anos, co encargo de dinamizar espiritualmente as manifestacións relixiosas nas parroquias do Concello vigués.
Carlos Enrique Borrás Díaz de Rábago nado en 1969 en Vigo é un coñecido avogado vigués, vinculado desde a súa mocidade, por vocación e familia, á Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria, incluso “empuxando debaixo do carro desde os 16 anos”, e a partir de 2014 como secretario da Confraría e Irmán Carrero. Exerce a avogacía na nosa cidade desde 1995, é pai de familia e confesa chanceando que “ademais do Cristo, son tamén devoto do Celta”.