28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

O bispo pide a san Telmo que «nos axude a recuperar a ilusión»

O bispo pide a san Telmo que «nos axude a recuperar a ilusión»

O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, presidiu a misa solemne en honra a  san Telmo, patrón dos navegantes, de Tui e da Diocese. A catedral tudense comezou as celebracións propias o pasado domingo, 4 de abril, cunha novena que finalizou hoxe, luns 12, ás 20:30 da tarde sen a tradicional procesión co santo e as súas reliquias.

Co aforo cheo, os tudenses festexaron ao grande o día do seu patrón na Santa Igrexa Catedral coa eucaristía que, ás 11 horas da mañá, foi retransmitida pola canle de Youtube da Diocese á que se uniron preto de trescentas persoas.

Durante a súa homilía,  Mons. Luís Quinteiro dirixiuse aos alí congregados pedindo a protección de  san Telmo e desexando que «nos axude a recuperar a ilusión nestes tempos de dificultade marcados pola pandemia». Neste sentido, destacou a capacidade do santo para ir á contra do pensamento xeral do seu tempo e expresou que «a vida require, tanto espiritual como humanamente, actitudes que sexan capaces de transformar a realidade, que nos axuden a vencer a vergoña ante a opinión pública».

Ao finalizar, o bispo concedeu a bendición  apostólica, un dos catro requisitos para poder recibir a indulxencia plenaria que a Igrexa diocesana concede o día do seu patrón. Para obter esta indulxencia, ademais de asistir á eucaristía, é necesario achegarse ao  sacramento da Reconciliación, comulgar e orar polas intencións do papa.

Tras a celebración  eucarística, a cidade de Tui continúo festexando ao  san Telmo na gala dos premios «Cidade de Tui 2021», creados para recoñecer anualmente ás personalidades ou entidades que, durante a súa traxectoria, contribuíron á promoción e potenciación de cidade tudense. O bispo de Tui-Vigo foi o encargo de entregar o premio, na categoría colectiva, á Residencia San Telmo que recolleu a superiora Socorro Campos Santiso.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp