18 de Maio de 2025,
San Juan I

O bispo preside a eucaristía na honra á Virxe das Nieves en Teis.

O bispo preside a eucaristía na honra á Virxe das Nieves en Teis.
FOTO.- Imagen de la virgen de las Nieves en la capilla del monte de A Guía | © Diocese de Tui-Vigo.

O luns 5 de agosto, ás 12.30 horas, na Carballeira da Guía, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, presidirá por primeira vez a eucaristía solemne na honra á Virxe das Nieves; a Coral Polifónica de Teis  será a encargada de harmonizar a celebración. Previamente, ás 12.00 horas, a imaxe da virxe procesionará desde a capela da Guía ata o lugar da misa na Carballeira.

Ese día, ademais da misa solemne, celebraranse misas na ermida ás 9.00, ás 10.00 e ás 11.00 horas. Tras a misa solemne, haberá unha comida de confraternidade seguida de cancións e bailes populares. Finalmente, ás 19.30 horas, a imaxe da virxe será levada de regreso á capela.

Desde o pasado venres 26 de xullo, na parroquia das Nieves de Teis  vénse celebrando diariamente a novena e a eucaristía na honra á súa patroa. Un dos actos para destacar terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto: ás 19.15 horas, tras a celebración da eucaristía, a imaxe da virxe da Guía será levada en procesión desde o templo parroquial ata   a capela do monte, acompañada doutras  imaxes marianas presentes en diversos  países do mundo.

Ao día seguinte, domingo 4 de agosto, ás 19.00 horas, tamén haberá misa na ermida.