O 16 de agosto, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo, presidirá a eucaristía solemne das 12 horas en honra a san Roque na capela do santo situada na rúa Filipilinas. A habitual procesión queda suspendida debido á pandemia da Covid-19.
Ademais da eucaristía solemne presidida polo pastor da Igrexa diocesana, o luns 16, os devotos poderán asistir a misa durante toda a mañá en horario de 8, 9, 10, 11 e 12 horas e, pola tarde, ás 17 e 18 horas. O martes 17, tamén se celebrará unha eucaristía solemne polos defuntos da Irmandade e Devotos de San Roque.
O templo parroquial de San José Obreiro e Santa Rita permanecerá pechado os días 16 e 17 de agosto, aínda que permanecerá o hall aberto para todas aquelas persoas que se acheguen. Desde o 15 ata o 17 de agosto, a capela de San Roque permanecerá aberta ata as 21 horas.