12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

O bispo presidirá a eucaristía en San Mamede de Torroso

O bispo presidirá a eucaristía en San Mamede de Torroso

Este sábado, 7 de agosto, a parroquia de San Mamede de Torroso festexa ao seu patrón cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, ás 12 horas. Ademais da parroquia de Torroso, o concello de Mos tamén se atopa baixo o patrocinio San Mamede polo que, durante os días 6, 7 e 8 de agosto, a institución civil organiza diferentes actuacións e concertos.

Desde o pasado 29 de xullo, día de Santa Marta, a parroquia reza a novena en honra a San Mamede ás 21 horas. O sábado, festa do patrón, tan só haberá misa solemne ás 12 horas, mentres que o domingo 8, a eucaristía celebrarase ás 13 horas. A alcaldesa de Mos,  Nidia Mª Arévalo Conde, será a encargada de realizar a ofrenda deste ano a  san Mamede.

Debido á situación sanitaria provocada pola pandemia, a habitual procesión queda suspendida co obxectivo de evitar aglomeracións que contribúan a dispersar a Covid-19.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp