Este venres, 2 de xullo, ás 19 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a misa no templo parroquial de San Tomé de Freixeiro, unha das parroquias máis antigas da cidade olívica fundada en século XVII, con motivo da festa litúrxica do seu patrón, santo Tomás, que se conmemora propiamente ao día seguinte, sábado 3 de xullo.
Tras a eucaristía, Mons. Luís Quinteiro visitará a igrexa ortodoxa próxima coa que a comunidade cristiá de San Tomé mantén un diálogo ecuménico desde hai anos. Finalmente, a parroquia organizou un pequeno ágape no exterior do templo para celebrar ao patrón, santo Tomás.
Construída no século XVII, a Igrexa de Freixeiro é un fermoso templo de arquitectura relixiosa en Vigo situado en pleno centro urbano. Foi fundada por Frei Francisco de Soutomaior, que foi arcebispo e está enterrado na igrexa; el pagou a súa construción, para o que doou no seu testamento “1.375 pesos da 8 reais, para que sexan colocados nela os ósos dos nosos pais e antepasados”.