29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

O bispo presidirá a misa da Reconquista na concatedral-basílica

O bispo presidirá a misa da Reconquista na concatedral-basílica
Foto: Cristo de la Victoria en el presbiterio de la concatedral-basílica de Santa María.

A Coral Casabranca entoará o himno ao Cristo da Vitoria coincidindo coa celebración do seu centenario.

O vindeiro luns, 28 de marzo, na colexiata de Santa María, hoxe basílica de Santa María, terá lugar a tradicional misa da Reconquista, ás 11 horas. A esta misa, presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, asistirán distintas personalidades do goberno municipal, así como autoridades civís e militares. Retómase así a celebración da misa tras dous anos suspendida pola pandemia.

Esta celebración conmemora A Reconquista, alzamento popular que permitiu recuperar Vigo en 1809 da ocupación das tropas napoleónicas pola intercesión do Cristo da Vitoria. Para os exércitos de  Napoleón, foi a primeira ocasión na historia en que debían retirarse dunha praza conquistada en Europa.

A Coral Casabranca cantará a misa

Nesta ocasión, na Misa da Reconquista cantará a Coral Casabranca, quen interpretará ao final da mesma o Himno ao Santísimo Cristo da Vitoria, nun ano no que se cumpre o centenario da súa creación. Escrito por  T.  Argüelles  S. J. e coa música de José Torres  Ceo, nace en xullo de 1922. Aproveitando estas liñas, achegamos a letra do himno:

Con acentos de amor encendido.

Entonemos un himno sin par:

al Santísimo Cristo de Vigo,

que es el Rey de este pueblo inmortal.

Cielos y Tierra

canten la gloria

del Santísimo Cristo De la Victoria.

del Santísimo Cristo De la Victoria.

Alza Vigo, la frente serena

y contempla a tu Cristo en la Cruz;

y verás como envuelve a este pueblo

en torrentes de amor y de luz.

Cielos y tierra

canten la gloria

del Santísimo Cristo

de la Victoria.

del Santísimo Cristo

de la Victoria.

Vuelve, Vigo, rendido y humilde

a la Fe, en que tus padres brilló;

pues en ella salvo se la Patria

y el Santísimo Cristo triunfó.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp