Con motivo da celebración do santo patrón da diocese de Tui-Vigo, da cidade tudense e dos navegantes, Pedro González Telmo, a Igrexa diocesana prepárase para conmemorar esta solemnidade con unha eucaristía —que comezará coa procesión das reliquias— presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, no templo catedralicio de Tui, o luns 28 de abril ás 11:00 horas. Ás 21:00 horas dese mesmo día, dará comezo a procesión coa imaxe do beato polas rúas tudenses.
O 20 de abril, primeiro domingo de Pascua, a cidade de Tui celebra as festas ao seu patrón co rezo do rosario e da novena, todos os días ás 19.30 horas —seguida da eucaristía, ás 20:00 horas—, na catedral. Do 25 ao 27 de abril, o sacerdote dominico e presidente da CONFER de Tui-Vigo, Edgardo Quintana, predicará o triduo, previo á solemnidade do santo patrón, ás 20:00 horas tamén no templo catedralicio.
O luns 28 de abril, día propio da festa, haberá misas ás 09.00 e ás 10:00 horas na igrexa de San Telmo, que tamén acollerá, ás 19:00 horas, a homenaxe aos confrades falecidos durante o pasado ano, no que intervirá a banda de música da Brilat. Ás 11:00 horas, celebrarase a misa solemne na catedral, presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, quen tamén asistirá, ás 21:00 horas, á procesión coa imaxe do santo que finalizará coa ofrenda floral a san Telmo na Praza de San Fernando.