5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska
5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska

O bispo presidirá as vodas de ouro matrimoniais en Coruxo

O bispo presidirá as vodas de ouro matrimoniais en Coruxo

Este domingo, 27 de xuño, ás 12 horas, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía na parroquia de San Salvador de Coruxo, na que tres matrimonios celebrarán as súas vodas de ouro, é dicir, os seus 50 anos de compromiso e fidelidade: Clara Miranda Pontes e Eugenio Lago Costas; Elena  Comesaña Fernández e Juan Prado Campos; e, finalmente, Consolo Gago Rodríguez e  Bernardito González Castro.

A celebración que promoven cada ano desde  Avoa, a asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo, estaba prevista para outubro do ano 2020, pero, debido á Covid-19, pospúxose ata o de agora.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp