Como cada ano, tras a solemnidade litúrxica de Todos os Santos, a Igrexa intercede, ao día seguinte, por todos os fieis defuntos. Con motivo destas celebracións, o luns 4 de novembro, a as 11:00 horas, a catedral de Tui acolle unha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, lembrando, especialmente, aos sacerdotes falecidos durante o último ano.
Desde o un de xaneiro e ata o momento actual, faleceron cinco presbíteros e relixiosos que desenvolvían a súa vocación no territorio da diocese de Tui-Vigo: Jaime López Ramón —ordenado en Tui en 1952, se incardinó na diocese compostelá en 1982, onde faleceu—, Alfonso Fernández Galiana, Estanislao López de Guereñu Rey, José Carlos Lumbreras Vázquez —natural da diocese de Sigüenza-Guadalaxara, nos últimos anos, residiu na diocese tudense— e o sacerdote somasco Luís López Castelo.
Tal e como explica a Comisión Episcopal para a Liturxia da Conferencia Episcopal Española, desde o século XVI, a Igrexa de rito latino instituiu o 2 de novembro, como o día no que se reza polos fieis defuntos, unha tradición tan antiga como a propia institución. Ao redor deste día, os fieis acoden ao cemiterio para orar por quen lles precedeu, adornar con flores o lugar onde están sepultos, etc.