12 de Abril de 2026,
San Julio I

O cabido da catedral celebra unha misa polos sacerdotes defuntos

O cabido da catedral celebra unha misa polos sacerdotes defuntos

Como cada ano, tras a solemnidade litúrxica de Todos os Santos, a Igrexa intercede, ao día seguinte, por todos os fieis defuntos. Con motivo destas celebracións, o luns 3 de novembro, ás 11:00 horasa catedral de Tui acolle unha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, lembrando, especialmente, aos sacerdotes falecidos durante o último ano.

Desde o un de xaneiro e ata o momento actual, faleceron catro presbíteros diocesanos: Manuel Otero Blanco, José Álvarez Castro, Juan Manuel González Blanco e Benito Estévez Domínguez. O pasado mes de setembro, tamén faleceu o sacerdote xesuíta Chema Tojeira, vigués e antigo alumno do colexio Apóstolo Santiago.

Desde o século XVI, a Igrexa instituíu o 2 de novembro, como o día no que se debe rezar polos fieis defuntos, un costume tan antigo como a propia institución. Ao redor deste día, os fieis oran por quen lles precedeu co signo da fe e adoitan acudir ao cemiterio e adornar con flores o lugar onde están sepultados os seus seres queridos.