9 de Novembro de 2024

,

Dedicación de la Basílica de San Juan de Letrán
9 de Novembro de 2024

,

Dedicación de la Basílica de San Juan de Letrán

O Cardeal de Rabat lembra no Cine Salesianos que a misión é tarefa de todos

O Cardeal de Rabat lembra no Cine Salesianos que a misión é tarefa de todos
cardenal de rabat

O 4 de novembro, o Cine Salesianos de Vigo vestiuse de gala coa visita de mons. Cristóbal López Romero, arcebispo de Rabat e creado cardeal polo Papa Francisco no recente consistorio do pasado 5 de outubro. Máis de 300 persoas se reuniron para escoitar a conferencia do purpurado; entre elas o Sr. Bispo da Diocese, D. Luis Quinteiro, xunto coa comunidade salesiana e un grupo de sacerdotes diocesanos, relixiosos e consagradas.

Na presentación do arcebispo fíxose alusión á súa condición de salesiano desde os 16 anos e sacerdote desde fai 50, co exercicio do seu ministerio en distintos países, fundamentalmente Paraguai, Bolivia, Marrocos e España. Bispo dende hai un ano e medio, e cardeal dende hai tan só un mes, a súa biografía resúmese na expresión: “a miña casa é o mundo¸ a miña familia, a humanidade”.

O purpurado ofreceu o seu testemuño falando da vida da Igrexa que preside, unha comunidade con máis presencia de homes que de mulleres e máis xente nova que adultos; unha realidade pequena en cantidade de cristiáns (apenas 30 mil en medio de 37 millóns de musulmáns) pero significativa pola mensaxe que transmite ao mundo. 

“A Igrexa en Rabat –afirmou mons. López Romero– é unha Igrexa moi «católica», porque os 30 mil católicos proveñen de máis de 100 nacionalidades. Cómpre destacar tamén que é unha Igrexa ecuménica. Tráballase moi estreitamente con protestantes, anglicanos e ortodoxos”.

D. Cristóbal afirmou amén que a Igrexa na capital de Marrocos “é unha igrexa samaritana, que se inclina perante aquel que pasa por momentos difíciles, sexa marroquí musulmán, sexa africano cristián. A comunidade sae ao encontro do necesitado sen preguntarlle de onde ven, a onde vai ou por que está nesa situacion”. Ademais, para o cardeal “trátase tamén dunha Igrexa ponte entre Europa e África, entre musulmáns e cristiáns, entre pobres e ricos, entre negros e brancos. Unha ponte. Iso é o que pretende ser neste tempo en que hai tantos que tentan levantar erguer muros, barreiras, fronteiras, ou incluso foxos”.

Por último, destacou que un dos elementos característicos da Igrexa en Rabat é a promoción do diálogo interrelixioso; é un dos motores da vida dunha comunidade pequena, pero con gran puxanza.
Mons. López Romero insistiu tamén en que “todos somos misioneiros, hoxe e sempre. Poderíase dicir que a misión ten unha Igrexa, máis que a Igrexa ten unha misión”, porque, conforme ás palabras de Cristo de buscar primeiro o Reino de Deus, “o Reino é o obxectivo; a Igrexa é o instrumento”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp