26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

O Centro de Escoita diocesano organiza encontro formativos para previr o suicidio

O Centro de Escoita diocesano organiza encontro formativos para previr o suicidio
Foto: Habrá tres encuentros formativos en Vigo y en Tui.

«O suicidio: da rendición á loita pola vida» é o título dos tres encontros formativos que organiza o Centro de Escoita diocesano nas cidades de Vigo e Tui, impartidos polo psicólogo do Centro de Humanización da Saúde, Valentín  Rodil. 

Na cidade de Vigo, os encontros terá lugar o martes, 15 de febreiro, ás 19 horas, no salón parroquial do Corazón de María;  e o mércores, 16 de febreiro, ás 12:30 horas no salón de actos do Seminario Maior de Vigo. Por outra banda, na cidade tudense, os interesados poderán asistir o mércores, 16 de febreiro, ás 19 horas, na Sala de Comunicación da antiga Área Panorámica —1º piso, porta 4—.

Ademais destes encontros de formación para concienciar e sensibilizar acerca da desoladora realidade do suicidio ao que cada vez máis mozos e adultos recorren, a Unidade Móbil de Atención en Crise e Duelo (UMI) San Camilo abrirá as súas portas o xoves 17 de febreiro, en horario de 10 a 17 horas, na cidade de Tui. Esta Unidade Móbil ofrece un servizo gratuíto de escoita en duelo ao que se pode acceder chamando ao número de teléfono: 627 064 918.

O Centro de Humanización da Saúde (CEHS) do que é  formador o psicólogo e  teólogo Valentín  Rodil realiza anualmente preto de 500 actividades de formación, das cales se benefician máis de 20.000 participantes de España, Portugal, Italia e varios países de América Latina a través da plataforma de aprendizaxe virtual  eHumanizar. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp