20/10/2020

,

San Honorio

O Centro de Escoita de Pontevedra, premiado co premio Humanizar de Iniciativas Institucionais

O Centro de Escoita de Pontevedra, premiado co premio Humanizar de Iniciativas Institucionais

O Centro de Humanización da Saúde dos relixiosos  Camilos acaba de presentar os seus V Premios Humanizar, que se entregarán en  XXV Xornadas Nacionais de Humanización da Saúde e que se celebrarán na Universidade Católica de Valencia San Vicente Mártir os próximos 29 e 30 de setembro.

Na Categoría de Iniciativas Institucionais premiáronse tres casos que promoven a humanización da saúde na súa área de actuación. Un deles foi ao Centro de Escucha da cidade de Pontevedra polo seu bo servizo de escoita a persoas que sofren, desde unha perspectiva solidaria e comunitaria.

Este centro da cidade do Lérez colabora estreitamente co Centro de  Esocita de Vigo, unha iniciativa coordinada polas Delegacións de Pastoral da Saúde e Pastoral Familiar da Diocese de Tui-Vigo. Ambas as sedes, comparten formación e servizos, sendo promotor o actual delegado de Pastoral da Saúde da nosa diocese, don Benito Rodríguez. .

Escucha e acollida gratuíta

O Centro de  Escoita de Vigo ofrece un servizo gratuíto e individualizado para todas aquelas persoas que necesiten soporte e acompañamento en procesos de duelo e soidade. Tamén contribúen a afrontar momentos difíciles na vida matrimonial e familiar

Todos aqueles interesados que poden poñerse en contacto co persoal do Centro a través do correo electrónico, centroescoita@diocesetuivigo.org, ou no teléfono, 627 064 918

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp