19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

O Centro Loyola Vigo organiza exercicios espirituais con Mª Luisa Berzosa

O Centro Loyola Vigo organiza exercicios espirituais con Mª Luisa Berzosa

Desde o mércores 18 ao sábado 21 de agosto, o Centro Loyola de Vigo organiza uns exercicios espirituais seguindo o método de San Ignacio de Loyola, nun ano moi especial no ámbito xesuíta no que se celebra o Ano Ignacio con motivo do 500 aniversario da conversión deste santo.

A relixiosa Filla de Xesús, María Luisa  Berzosa, será a encargada de acompañar e dirixir esta experiencia  ignaciana. Licenciada en Ciencias da Educación con especialidade en pastoral xuvenil, Mª Luisa foi nomeada consultora da Secretaría Xeral do  Sínodo dos Bispos durante un período de 3 anos, o pasado 2019, tras a súa participación na Comisión de Expertos do  Sínodo dos Mozos.

Esta experiencia de oración e  discernimento terá lugar na Casa de Espiritualidade Santa María  do Mar en Dorrón (Sanxenxo), cun número de prazas limitado debido á situación actual de pandemia. Por iso, desde a organización animan a poñerse en contacto canto antes para realizar a inscrición, que se abriu o pasado xoves 10 de xuño, a través do correo electrónico: centroloyoladevigo@gmail.com. O custo económico será de 160€ que inclúe pensión completa e cuarto individual durante os catro días —salvo parellas convivintes, se así o desexan—.

Tal e como explican desde o Centro Loyola de Vigo, os exercicios espirituais desenvoltos por San Ignacio de Loyola promoven un alto no camiño para tomar o pulso da vida, que permite reencontrarse desde dentro e poñerse á escóitaa de Deus durante uns días de silencio en contacto coa natureza galega.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp