O 28 de xaneiro, a capela do Seminario Maior «San Xosé» en Vigo acolleu a eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, con motivo da festa de santo Tomás de Aquino, patrón dos teólogos. Sacerdotes, laicos e membros da vida consagrada participaron nesta celebración que continuou no salón de actos cun relatorio titulado «O significado cristolóxico do Concilio de Nicea».
Durante a eucaristía, o prelado tudense destacou a capacidade de santo Tomás para «conciliar o sentir secular do mundo coas esixencias radicais do Evanxeo. O estudo e a oración, o ensino e a predicación configuraron a súa existencia. Foi un místico que buscou amar con paixón o momento histórico que lle tocou». Desta forma, Mons. Antonio Valín convidou a seguir o exemplo do santo, para «acoller, cun pensamento creativo desde a perspectiva da fe, as preguntas e os retos que nos presenta a vida, para que poidan xurdir as verdades últimas da vida».



Nesta ocasión, a festividade de santo Tomás de Aquino virou ao redor da conmemoración destacar a conmemoración centenaria do I Concilio de Nicea celebrado no ano 325, e ao que os centros de estudos eclesiásticos están a dedicar desde distintas perspectivas particular atención. Por iso, o profesor de Cristoloxía da facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Comillas, P. Gabino Uríbarri Bilbao, S.J., impartiu a conferencia «O significado cristolóxico do Concilio de Nicea».



Como queda dito, este ano 2025 conmemórase o 1.700 aniversario da celebración do primeiro Concilio de Nicea, do que nace o Credo niceno-constantinopolitano, vulgarmente coñecido como “o credo longo” e que se reza nalgunhas celebracións eucarísticas. Por iso, xa na inauguración do presente curso académico, o Centro Teolóxico vigués abordou a cuestión niceniana, desde a súa perspectiva histórica e sinodal, grazas ao profesor Luís Pose, licenciado en Historia de la Iglesia e agora faio desde a súa visión teolóxica e de fe.