18 de Novembro de 2026,
Dedicación de las Basílicas de los Apóstoles San Pedro y San Pablo

O Centro Teolóxico de Vigo, «taller de fe viva, pensamento crítico e compromiso real coa Igrexa»

O Centro Teolóxico de Vigo, «taller de fe viva, pensamento crítico e compromiso real coa Igrexa»
FOTO.- El Centro Teológico «San José» en Vigo inauguró el curso académico 2026-27

O Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo inaugurou o mércores 30 de setembro o curso académico 2026-2027 cunha xornada que reuniu a profesores e alumnos ao redor da celebración da fe e a reflexión teolóxica.

O acto comezou cunha eucaristía, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, ás 11.30 horas na capela do Seminario Maior. Durante a homilía, o prelado destacou a formación como unha oportunidade para «crecer en humanidade, en fondura, en espiritualidade, en apertura á realidade que nos rodea» e subliñou que o estudo da Teoloxía debe ser un proceso continuo de conversión e maduración humana e espiritual.

Mons. Antonio Valín convidou tamén a vincular a formación teolóxica cos desafíos da sociedade actual, aprendendo a «mirar a realidade cos ollos de Deus» e recoñecendo a misión da Igrexa nas feridas, as dores e as procuras das persoas. Neste sentido, animou a facer do Centro Teolóxico «un taller de fe viva, de pensamento crítico e de compromiso real coa Igrexa que camiña».

Ás 12.30 horas comezou o acto académico, co saúdo do director do Centro Teolóxico, Guillermo Juan Morado, quen tomou como punto de partida o Salmo 8 para reflexionar sobre a dignidade da persoa humana. Morado sinalou que a grandeza do ser humano non atopa o seu fundamento unicamente no cosmos, senón en Deus, que se acorda del.

O director presentou esta reflexión como un dos eixos do novo curso, especialmente ante os desafíos relacionados coa intelixencia artificial e a custodia da persoa humana. Así mesmo, avanzou algunhas das propostas académicas do curso, entre elas as celebracións de Santa Catalina de Alexandría e Santo Tomé de Aquino e as VI Xornadas de Teoloxía, que se celebrarán do 4 ao 6 de maio de 2027 baixo o título «Que é o home?».

Tras a lectura da Memoria do curso 2025-2026, a cargo do secretario, Juan José González Estévez, o profesor do Centro Teolóxico, Jesús Martínez Carracedo, impartiu o relatorio titulado «Descubrir ao resucitado nas chagas do irmán».

O Centro Teolóxico «San Xosé» ofrece durante este curso unha proposta formativa dirixida a laicos, sacerdotes e membros de vida consagrada, con distintas opcións de formación teolóxica, espiritual e pastoral. A programación completa pode consultarse na proposta formativa para o curso 2026-2027.

El Centro Teológico «San José» en Vigo inauguró el curso académico 2026-27