16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis
16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis

O Centro Teolóxico reflexiona sobre a importancia da oración na vida do presbítero

O Centro Teolóxico reflexiona sobre a importancia da oración na vida do presbítero

O Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo organiza un programa de actos para celebrar a festa de santo Tomás de Aquino, patrón dos teólogos, que a Igrexa conmemora o domingo 28 de xaneiro.  Ao caer a festa en fin de semana, os actos previstos trasládanse ao luns, 29 de xaneiro.

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a celebración eucarística na capela do Seminario Maior de Vigo, ás 12 horas. Posteriormente, ás 13 horas, no salón de actos, o doutor en Teoloxía  e profesor da Universidade Pontificia de Comillas, Ángel Cordovilla Pérez, impartirá o relatorio titulado «A oración apostólica na vida do presbítero»

Sobre o relator

En 1996, Ángel Cordovilla Pérez obtivo a licenciatura en Estudos Eclesiásticos na Universidade Pontificia de Salamanca. Posteriormente, realizou a licenciatura en Teoloxía  Dogmática na Universidade Gregoriana de Roma na que, ademais, doutorouse no ano 2002. Desde o ano 2003, ensina Teoloxía Dogmática na Universidade Pontificia Comillas de Madrid.

É autor de numerosas obras teolóxicas, así como director da colección Verdade e imaxe da Editorial Sígueme; membro do consello editorial da revista Gregorianum, da Revista Española de Teoloxía, da revista de Pastoral Litúrxica Phase e da revista Scriptorium Victoriense.

Ángel Cordovilla, doctor en Teología y profesor de la Universidad Pontificia de Comillas
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp