29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

O Centro Teolóxico «San José» de Vigo conmemora a festa de santa Catalina

O Centro Teolóxico «San José» de Vigo conmemora a festa de santa Catalina
Foto: La profesora Yolanda Obregón impartió la ponencia «Rosario. La poética de Monseñor Gilberto Gómez González»

O venres 25 de novembro, o Centro Teolóxico «San José» de Vigo celebrou a festa de  s anta Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, cun programa de actos que, ademais da celebración da eucaristía, incluía o relatorio «Rosario. A poética Mons. Gilberto Gómez González», que impartiu a licenciada en Filoloxía e profesora de Educación Secundaria, Yolanda Obregón.

Guillermo Juan Morado, director do Centro Teolóxico «San José», presidiu a celebración da eucaristía na que manifestou que «santa Catalina estimúlanos a apostar por unha razón aberta, non empequenecida pola mentalidade inmanentista, nin polas estreitezas da lóxica tecnocrática, aberta tamén á revelación que pode ser a estrela da redención capaz de orientar ao home. Igualmente, o exemplo de santa Catalina anímanos a non separar filosofía e vida, xa que non é posible coñecer sen vivir, nin vivir sen coñecer. Para ela, como cristiá, a verdadeira filosofía non é outra cousa que o seguimento de Cristo».

Durante o relatorio «Rosario. A poética Mons. Gilberto Gómez González», a profesora Yolanda Obregón cualificou a obra do bispo da diocese peruana de Abancay como «unha poesía mística, pero próxima» e situouna «entre as obras máis importantes que se escribiron, polo menos, na idade contemporánea». A pesar de que a linguaxe e as referencias empregadas poidan ser pouco coñecidas para o público novo, Yolanda Obregón animou a exaltar o valor deste tipo de poesía para que, a través dela, poida aumentar o número de lectores.  

Non foi casualidade que a poética de Mons. Gilberto protagonizase o acto académico co gallo de a festa de santa Catalina, xa que, mediante esta conferencia, o Centro Teolóxico «San José» de Vigo continúa profundando na importancia da linguaxe, tema co que iniciou o curso durante o acto inauguración do pasado mes de setembro grazas ao profesor José Carlos Rodríguez que impartiu o relatorio «Heidegger e a linguaxe». O próximo acto académico do centro levará a cabo en xaneiro, coincidindo coa festa de santo Tomás de Aquino, patrón dos teólogos.

El Centro Teológico «San José» de Vigo celebra la fiesta de Santa Catalina (2022) | © Diocese Tui-Vigo
« de 8 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp