19 de Novembro de 2026,
San Abdías

Oferta formativa do Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo 2026-2027

Oferta formativa do Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo 2026-2027

O Centro Teolóxico «San Xosé» en Vigo ofrece unha ampla proposta formativa para este curso 2026-2027, dirixida a laicos, sacerdotes, membros de vida consagrada e aspirantes ao diaconado permanente . Trátase dunha formación integral e diversificada, ofrecendo a cada persoa distintas posibilidades que se adaptan aos seus intereses, pero tamén á prestación de diversos ministerios e servizos no ámbito de la Iglesia.

No curso 1999-2000, ao amparo do Seminario Maior, comeza a súa andaina o Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo. A súa principal tarefa consiste en formar academicamente a quen se prepara para o ministerio pastoral, ofrecendo formación permanente para presbíteros, relixiosos e seglares.

Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos

Con un plan de estudos dividido en tres cursos, Ágora ofrece unha panorámica xeral, sistemática e básica dos grandes tratados de Teoloxía, a través dunha metodoloxía participativa, na que se compaxina o estudo magisterial por parte do docente, co traballo privado do docente con base nunha serie de lecturas e do diálogo en grupo. Ademais, durante o último curso impartirase catro liñas especificas relacionadas con ministerios e servizos no ámbito de la Iglesia.

Esta oferta formativa será de maior interese para todas aquelas persoas que colaboran no ámbito da liturxia, catequese, voluntariado, caridade, pastoral da saúde, etc.

Período lectivo: do 30 de setembro de 2026 ao 28 de abril de 2027

Horario de clases: mércores, de 20.00 a 21.45 horas

Lugar: Seminario Maior en Vigo

Matrícula: 30 euros

Aula de Teoloxía

Para a formación sistemática de laicos e aspirantes ao diaconado permanente nas disciplinas que configuran a Teoloxía católica —especialmente pensada para os alumnos que finalizasen os cursos de Ágora—, o Centro Teolóxico vigués propón Aula de Teoloxía.

Cun plan de estudos dividido en tres anos, esta formación promove: a capacitación para dar razón da fe e crear unha forte conciencia eclesial; a formación de laicos comprometidos na acción pastoral e diáconos nos deberes específicos dos seus ministerios; a preparación para axuizar as situacións e para realizar unha adecuada inculturación do Evanxeo; e o coñecemento as técnicas de comunicación e de animación pastoral.

Período lectivo: do 21 de setembro de 2026 ao 8 de xuño de 2027

Horario de clases: luns e martes, de 19.30 a 21.20 horas

Lugar: Seminario Maior en Vigo

Matrícula: 60 euros

Curso de formación permanente en Teoloxía

Para aquelas persoas —sacerdotes, laicos e vida consagrada— que xa recibisen formación en Teoloxía, o Curso de formación permanente ofrece a posibilidade de continuar profundando en temas concretos do ámbito teolóxico, a través de materias de fondo e cursos monográficos, que irán actualizándose cada ano.

Todas as sesións son de entrada libre, polo que é posible participar nas materias de fondo, nos cursos monográficos ou nas charlas que se programen segundo o interese privado.

Período lectivo: do 30 de setembro de 2026 ao 16 de marzo de 2027

Horario de clases: martes, de 11.30 a 13.20 horas

Lugar: Seminario Maior en Vigo

Matrícula: gratuíta