18 de Maio de 2024

,

San Juan I
18 de Maio de 2024

,

San Juan I

O Centro Teolóxico «San Xosé» inaugura o novo curso académico

O Centro Teolóxico «San Xosé» inaugura o novo curso académico
Foto: Acto de inauguración del curso 2022-2023 del Centro Teológico «San José» de Vigo

O mércores, 27 de setembro, o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo inaugura o curso académico 2023-2024, cunha lección inaugural titulada «A obediencia do presbítero diocesano secular á luz do Canon 273», que impartirá o profesor e chanceler diocesana, Manuel Lage Lorenzo. Previamente ao acto académico, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía ás 11.30 horas na capela do Seminario Maior.

Ás 12.30 horas, comezará formalmente o acto académico co saúdo do director do Centro Teolóxico, Guillermo Juan Morado, seguido da lectura da Memoria 2022-2023, a cargo do secretario Juan José González.

No curso 1999-2000, ao amparo do Seminario Maior, comeza a súa andaina o Instituto Teolóxico «San Xosé» de Vigo, centro afiliado á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca, que con data do 1 de setembro de 2022 convértese no Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo. A súa principal tarefa consiste en formar academicamente a quen se prepara para o ministerio pastoral, ofrecendo formación permanente para presbíteros e segrares.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp