12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar
12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar

O Centro Teolóxico «San Xosé» presenta a súa oferta de formación para o curso 2024-2025

O Centro Teolóxico «San Xosé» presenta a súa oferta de formación para o curso 2024-2025
FOTO.- Sesión formativa en el Seminario Mayor «San José» en Vigo | © Diocese de Tui-Vigo

O Centro Teolóxico «San Xosé» en Vigo acaba de publicar a súa ampla proposta formativa para o curso 2024-2025, dirixida a laicos, sacerdotes e membros de vida consagrada. Trátase dunha formación integral e diversificada, ofrecendo a cada persoa distintas posibilidades que se adaptan aos seus intereses, pero tamén á prestación de diversos ministerios e servizos no ámbito da Igrexa.

En total, ofrécense tres niveis de formación: «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerio e servizos», para persoas que se inician no mundo da Teoloxía e desexen desenvolver —ou realicen xa— algún ministerio ou servizo dentro da súa comunidade de referencia; Aula de Teoloxía, para a formación sistemática de laicos e aspirantes ao diaconado permanente; Curso de formación permanente en Teoloxía, para continuar profundando en diversos temas concretos do ámbito teolóxico.

Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos

Cun plan de estudos dividido en tres cursos, Ágora ofrece unha panorámica xeral, sistemática e básica dos grandes tratados de Teoloxía, a través dunha metodoloxía participativa, na que se compaxina o estudo maxistral  por parte do docente, co traballo persoal do docente en base a unha serie de lecturas e do diálogo en grupo. Ademais, durante o último curso impartirase catro liñas especificas relacionadas con ministerios e servizos no ámbito de la Iglesia.

Esta oferta formativa será de maior interese para todas aquelas persoas que colaboran no ámbito da liturxia, catequese, voluntariado, caridade, pastoral da saúde, etc.

  • Horario de clases: mércores, de 20.00 a 21.45 horas
  • Lugar: Seminario Maior en Vigo
  • Matrícula: 30 euros
  • Período lectivo: do 2 de outubro de 2024 ao 9 de abril de 2025

Aula de Teoloxía

Para a formación sistemática de laicos e aspirantes ao diaconado permanente nas disciplinas que configuran a Teoloxía católica —especialmente pensada para os alumnos que finalizasen os cursos de Ágora—, o Centro Teolóxico vigués propón Aula de Teoloxía.

Cun plan de estudos dividido en tres anos, esta formación promove: a capacitación para dar razón da fe e crear unha forte conciencia eclesial; a formación de laicos comprometidos na acción pastoral e diáconos nos deberes específicos dos seus ministerios; a preparación para axuizar as situacións e para realizar unha adecuada inculturación do Evanxeo; e o coñecemento as técnicas de comunicación e de animación pastoral.

  • Horario de clases: luns e martes, de 19.30 a 21.20 horas
  • Lugar: Seminario Maior en Vigo
  • Matrícula: 60 euros

Período lectivo: do 23 de setembro de 2024 ao 10 de xuño de 2025

Curso de formación permanente en Teoloxía

Para aquelas persoas que xa recibisen formación en Teoloxía, o Curso de formación permanente ofrece a posibilidade de continuar profundando en temas concretos do ámbito teolóxico, a través de materias de fondo e cursos monográficos, que irán actualizándose cada ano.

Todas as sesións son de entrada libre, polo que é posible participar nas materias de fondo, nos cursos monográficos ou nas charlas que se programen segundo o interese persoal.

  • Horario de clases: martes, de 11.30 a 13.20 horas
  • Lugar: Seminario Maior en Vigo
  • Matrícula: gratuíta
  • Período lectivo: do 25 de setembro de 2024 ao 11 de marzo de 2025
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp