5 de Marzo de 2026,
San Lucio

O Centro Teolóxico vigués celebra ao seu patrón santo Tomás de Aquino

O Centro Teolóxico vigués celebra ao seu patrón santo Tomás de Aquino
FOTO.- Acto académico durante una inauguración de curso en el Centro Teológico «San José» de Vigo | © Diocese de Tui-Vigo

O martes día 28 de xaneiro un ano máis o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo celebra a festa de santo Tomás Aquino patrón dos teólogos, convidando a quen o desexe a participar na eucaristía que presidirá Mons. Antonio Valín, na capela do Seminario Maior, ás 12.00 horas, e ao acto académico que terá lugar a continuación no salón de actos do citado centro.

Para destacar a conmemoración centenaria do I Concilio de Niceacelebrado no ano 325, e ao que os centros de estudos eclesiásticos están a dedicar desde distintas perspectivas particular atención, convidouse ao profesor de Cristoloxía da facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Comillas, P. Gabino Uríbarri Bilbao, S.J., a impartir a conferencia «O significado cristolóxico do Concilio de Nicea».

Como queda este, este ano 2025 conmemórase o 1.700 aniversario da celebración do primeiro Concilio de Nicea, do que nace o Credo niceno-constantinopolitano, vulgarmente coñecido como “o credo longo” e que se reza nalgunhas celebracións eucarísticas. Por iso, xa na inauguración do presente curso académico, o Centro Teolóxico vigués abordou a cuestión niceniana, desde a súa perspectiva histórica e sinodal, grazas ao profesor Luís Pose, licenciado en Historia da Igrexa e agora faio desde a súa visión teolóxica e de fe.  

Sobre o relator

O profesor Gabino Uríbarri Bilbao é doutor en Teoloxía. Pertence ao Departamento de Teoloxía Dogmática e Fundamental na Universidade Pontificia de Comillas; é un  recoñecido experto en Cristoloxía e Doutrina da fe. É membro da Comisión Teolóxica Internacional e Asesor da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe (Conferencia Episcopal Española). Ademais, é académico de número da Real Academia de Doutores de España. Entre as súas publicacións, destacan La plena humanidad de Jesucristo. Una discusión con J. Ratzinger (BAC 2022), El Hijo se hizo carne. Cristología fundamental(Sígueme 2021) e Jesucristo para los jóvenes. Claves pastorales para un mundo líquido (Sal Terrae 2022).