15 de Febreiro de 2025,
San Claudio de la Colombière

O colexio «Apóstolo Santiago» recibiu a visita do bispo de Tui-Vigo

O colexio «Apóstolo Santiago» recibiu a visita do bispo de Tui-Vigo
FOTO.- Mons. Antonio Valín, junto al equipo directivo del colegio «Apóstol Santiago» | © Colegio «Apóstol Santiago»

O xoves 17 de outubro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, acudiu ao colexio «Apóstolo Santiago» que a Compañía de Xesús ten en Vigo, para coñecer o labor educativo e pastoral que desenvolve o centro. Durante a súa visita, reuniuse co equipo de pastoral e coa dirección do centro; tamén tivo oportunidade de visitar o traballo desenvolvido nas aulas con alumnos e alumnas de diferentes idades.

O colexio «Apóstolo Santiago», centro establecido e dirixido pola Compañía de Xesús desde 1872, aspira a ser unha comunidade educativa cristiá ao servizo de Galicia. Actualmente, fórmanse preto de 1.600 estudantes, desde os primeiros niveis de ensino ata o bacharelato. No centro promoven unha educación centrada na atención personalizada ao alumnado e na acollida da diversidade, ofrecendo, desde unha clara inspiración cristiá, un modelo de educación de excelencia humanista enraizado na tradición educativa da Compañía de Xesús.