12 de Abril de 2026,
San Julio I

O colexio Xesuitinas-Miralba presenta o musical «33»

O colexio Xesuitinas-Miralba presenta o musical «33»

O venres 26 e o sábado 27 de setembro, ás 21.30 horas, o patio do colexio Xesuitinas-Miralba acolle a representación do musical creado por Toño Casado «33», unha obra sobre a vida de Xesús contada dunha maneira diferente e apaixonante. A iniciativa ten fins solidarios, pois a recadación da venda de entradas , que ten un custo de 10 euros e pode adquirirse na recepción do centro, será destinada á Fundación de Axuda Solidaria de Fillas de Xesús (FASFI).

O grupo Armadanzas —grupo de teatro, arte e danza que forma parte do equipo de Acción Evanxelizadora do colexio— empezou a desenvolver este proxecto hai dous anos, coa participación de alumnos, profesores e pais da comunidade educativa. Desde o ano 2007, representaron distintos musicais: : Jesucristo superstar, Juanitatxo el musical, Grease, Si los niños gobernáramos, Otro mundo es posible, Ana Frank, Mago de Oz, e Los Miserables Ademais,  desde a pandemia realizaron  tres producións audiovisuais: Juanitatxo el  documental, curtametraxe Confinada, e o documentais Don Paco (sobre Francisco Fernández del Riego) e Os faros da vida.

Debido á pandemia do covid-19, o grupo viuse obrigado a realizar un parón. Agora, coa volta á normalidade, regresan con moito forza para retomar este proxecto «que xa é tradición no noso colexio desde hai case 20 anos», expresan desde o equipo de Acción Evanxelizadora do centro.