19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

O Concello de Tui entregou unha reprodución facsímile do diploma de Fernando II de 1170 á Catedral

O Concello de Tui entregou unha reprodución facsímile do diploma de Fernando II de 1170 á Catedral
Foto: Acto de entrega del diploma de Fernando II a la catedral tudense.

Mañá xoves, 9 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Arquivos, o Concello de Tui entregou á Catedral tudense unha reprodución facsímile do diploma concedido polo rei Fernando II á sede tudense no ano 1170.

Este documento en pergameo conservado na Catedral de Tui é un dos máis significativos privilexios reais concedidos á sede e á cidade de Tui ao longo dos séculos, neste caso polo Rei Fernando II no ano 1170.

Neste documento asinado en Tui polo rei Fernando II e a súa esposa, a raíña Urraca, VIII Kalendas Aprilis Era M CC VIII (24 de marzo de 1170) determina a ampliación da superficie da cidade, establece a construción de murallas e concédelle aos cidadáns de Tui unha carta foral que garante o desenvolvemento da cidade como certo artellador deste espazo transfronteirizo que se desenvolve arredor da sede episcopal que, ata o século XV, abrangue territorios nos reinos de Castela e Portugal.

Este documento está conservado no Arquivo da catedral de Tui que permitiu a súa reprodución facsímile que o Concello de Tui encargou á Editorial Siloé o pasado mes de setembro. Esta empresa ten recibido innumerables premios polas súas edicións facsimilares e conta cunha acreditada traxectoria con numerosos recoñecementos nacionais e internacionais.

Con esta actividade o Concello de Tui súmase á celebración da “Semana Internacional dos Arquivos” que neste ano 2002 xira en torno ao lema #SomosArchivo. O obxectivo desta campaña promovida polo Consello Internacional de Arquivos (ICA) é convidar aos profesionais e á cidadanía a reflexionar sobre a xestión dos documentos e o que os arquivos recollen a historia e as historias.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp