O pasado venres 3 de xaneiro tivo lugar na Catedral de Tui unha nova edición do «Concurso de panxoliñas» que convoca a asociación de «Amigos da Catedral de Tui» e o Cabido Catedral. Grazas á presenza dun numeroso público, así como do bispo tudense, Mons. Antonio Valín, e á participación de tres coros infantís, este certame consolídase como un referente do Nadal de Tui.
Tras a deliberación do xurado foron acordados os seguintes premios
- Primeiro premio: Coro Infantil da Agrupación Musical de O Rosal
- Segundo premio: Coro infantil do CEIP de Pazos de Reis – Tui
- Terceiro premio: Coro da Lúa do CEIP nº 2 de Tui
Desde a asociación «Amigos da Catedral de Tui» agradécese tanto a participación destes tres grupos corais como a asistencia del numeroso público que enchía as naves do templo catedralicio tudense.
Os asistentes a este concurso tamén puideron gozar da exposición «Beléns do Mundo» con máis de 300 nacementos procedentes dos cinco continentes que recolle esta tradición, da que se cumpre máis de 800 anos, tan estendida e tradicional.