18 de Abril de 2024

,

San Perfecto
18 de Abril de 2024

,

San Perfecto

O cuarteto Assai actuará na XIV Edición do Ciclo de Música Relixiosa Barcia de Mera

O cuarteto Assai actuará na XIV Edición do Ciclo de Música Relixiosa Barcia de Mera

O próximo 28 de maio, ás 20 horas, o cuarteto  Assai, formado por dous violíns, viola e violoncelo en 1995,  actuará na  XIV Edición do Ciclo de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera, interpretando diversas pezas de  Bach, Schubert ou  Mozzart  Piazzola.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras de  Vivaldi,  Bach, Schubert ou Mozart  Piazzola, entre outros.

Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar o seu reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Cuarteto  Assai

Fórmano catro  instrumentistas que obtiveron premios en prestixiosos centros como o Conservatorio  P. I.  Tchaikovsky de Moscova, Real Conservatorio de Madrid e o Instituto Superior da Habana. O Cuarteto  Assai actuou en todo o territorio español, destacando os seus concertos no Auditorio Nacional de Madrid, o Centro de Difusión da Música Contemporánea, Teatro Albéniz de Madrid, 58º Quincena Musical Donostiarra, Auditorio do Museo Guggenheim de Bilbao ou Teatro Principal de Valencia, entre outros. En abril de 2006 fixo o seu debut en Londres cun concerto no histórico  Wigmore Hall, unha das salas máis prestixiosas do mundo, e en 2010 publicou un CD para a firma  Deutsche  Grammophon.

Fonte: Centro de Cultura Contemporánea Condeduque.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp