29/03/2020

,

San Eustasio
Menu

O día 26 celébrase por primeira vez o Domingo da Palabra de Deus

O día 26 celébrase por primeira vez o Domingo da Palabra de Deus

O pasado 30 de setembro, o Papa Francisco instituía el Domingo da Palabra de Deus mediante o Motu Proprio “Aperuit Illis”. Nel establécese “que o III Dominho do Tempo Ordinario estea adicado á celebración, reflexión e divulgación da Palabra de Deus”. Este ano trátase do vindeiro 26 de xaneiro.

A data non é casual: ao rematarmos a semana de oración pola unidade dos cristiáns (do 18 ao 25 de xaneiro), o Domingo da Palabra de Deus convídanos a tomar conciencia do valor ecuménico da Sagrada Escritura e resaltar a importancia de seguir na vida diaria a lectura, a profundización e a oración coa Sagrada Escritura, cunha particular particular consideración á  lectio divina.

Por este motivo, na nosa Diocese se celebrará unha lectio divina presidida polo señor Bispo o sábado 25 ás 20:45h. na Parroquia do Sagrado Corazón de Xesús (r/Rosalía de Castro, 56 – Vigo).

Na confianza de que esta sexa unha oportunidade privilexiada de reforzar a unión entre a Sagrada Escritura e a fe dos crentes, o Secretariado da Comisión Episcopal de Pastoral da Conferencia Episcopal Española ven de facilitar ás Dioceses, co fin de preparar adecuadamente as celebracións comunitarias para este Domingo da Palabra de Deus, unha serie de materiais litúrxicos que poden atoparse facendo click aquí.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest