O Equipo de Catequese de Galicia celebrou este martes, 7 de xullo, unha reunión de traballo en Lugo co obxectivo de preparar o próximo curso pastoral e coordinar as principais iniciativas catequéticas que se desenvolverán nas dioceses galegas.
A xornada serviu para a presentación e aprobación do lema do próximo curso, «Tes sede?», xunto co cartel e a proposta catequética que servirá de fío condutor para as actividades do ano.
Durante o encontro tamén se elaborou o calendario de reunións e dos principais eventos do próximo curso, ademais de avanzar nunha proposta de precatecumenado destinada a acompañar a quen se achega por primeira vez á fe ou desexan iniciar un itinerario de descubrimento do Evanxeo.
A reunión desenvolveuse nun clima de traballo e colaboración entre os representantes das dioceses galegas e concluíu cunha visita á Catedral de Lugo.
