O venres 27 de setembro, o equipo de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo reuniuse para comezar a preparar o Congreso de Vocacións, «unha asemblea de chamados para a misión», que organiza o Servizo de Pastoral Vocacional da Conferencia Episcopal Española do 7 ao 9 de febreiro de 2025 en Madrid. Esta reunión contou coa presenza do bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, quen tivo a oportunidade de coñecer ao equipo formado por laicos, sacerdotes e membros da vida consagrada, así como o traballo que, desde hai anos, desenvolven no territorio diocesano. No horizonte deste curso pastoral 2024-2025, a principal liña de acción desta delegación consiste en sensibilizar, implicar e participar no Congreso de Vocacións, difundindo e promovendo os materiais propostos polo Servizo de Pastoral Vocacional da Conferencia Episcopal, nos distintos espazos da pastoral diocesana. Os materiais xa se poden descargar desde a seguinte ligazón. Ademais, a delegación tamén anunciou a organización dun encontro diocesano de preparación de fronte ao Congreso que se desenvolverá no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo, de 10.30 a 13.30 horas, o sábado 14 de decembro de 2024
Materiais — Fichas de discernimiento
Congreso de Vocacións
Ante o reto da cuestión vocacional, a Igrexa en España, a través do Servizo de Pastoral Vocacional, quere poñerse a escóita do Señor para facerse eco da pregunta que o papa Francisco formula na exhortación Christus Vivit: «Para quen son eu?». Este interrogante está dirixido a todo o mundo, pero especialmente aos máis novos, co obxectivo de abrir unha procura desde o discernimiento que se ofrece na Igrexa, entendida como a «asemblea de chamados para a misión».
O gran obxectivo do Congreso é celebrar unha gran festa da Igrexa, un encontro eclesial que, coa súa preparación e acollida posterior, axude a recoñecer que o Señor segue chamando —á vida, á fe e á misión— e, por iso, a vida cristiá é vocación; máis aínda, a vida é vocación en canto se vive como resposta a unha chamada.
O segundo gran obxectivo do Congreso é impulsar e consolidar en cada unha das dioceses españolas un servizo que anime a vida vivida como vocación e promova os distintos camiños vocacionais. Así, quérese promover un exercicio de colaboración, un proxecto compartido entre laicos, matrimonios, consagrados e sacerdotes.