8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato
8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato

O espírito de santo Xoán Bosco e de María Auxiliadora renovan a ilusión

O espírito de santo Xoán Bosco e de María Auxiliadora renovan a ilusión
Foto: Imagen de la virgen durante la procesión por las calles de la ciudad de Vigo.

O mércores 24 de maio, a parroquia-santuario de María Auxiliadora en Vigo celebrou a festa en honra á súa patroa. Desde primeira hora da mañá e ata a noite, houbo misas no templo parroquial, onde, ás 19 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía solemne lembrando que «o espírito de san Xoán Bosco e de María Auxiliadora son unha forza nova» para acrecentar a ilusión da cidade olívica, marcada polo carisma salesiano.  

Durante a súa intervención, o prelado tudense manifestou que «María é a que nos leva a Xesús, por iso san Xoán Bosco coidou dunha maneira singular a presenza de María nas súas comunidades» e engadiu que, no mundo actual, a Igrexa necesita buscar «unha maneira nova de entender o corazón, de achegarnos aos demais, de sentir cerca aos pobres e necesitados, de estar entre os mozos e entre os nenos… Temos que recuperar a maneira de María»

A pesar das neboeiras grises, finalizada a eucaristía, o ceo permitiu que a imaxe da virxe, na súa advocación de María Auxiliadora, percorrese as rúas da cidade, acompañada tamén das imaxes de san Xoán Bosco e santo Domingo Savio, que un grupo de mozos e mozas portou durante todo o percorrido.

Ademais da novena en honra á virxe predicada polo sacerdote salesiano e párroco do Santuario, Jesús Vivanco, e dos actos propios do día, o sábado anterior á festa de María Auxiliadora, a Adoración Nocturna de Tui-Vigo tamén organizou unha vixilia mariana.

La parroquia-santuario de María Auxiliadora en Vigo honra a su patrona

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp