O mércores 18 de decembro, ás 19.45 horas, no Centro Loyola de Vigo, o gondomareño Rubén de Lis presenta o seu último libro: ¿Cómo converitr un vicio en beneficio?. A obra, publicada en setembro de 2024, ofrece unha guía para poder «transformar os teus maiores desafíos nos teus máis grandes fortalezas» e aprender a «cambiar hábitos destrutivos en fontes de enerxía positiva e crecemento persoal e espiritual».
Rubén de Lis, terapeuta en drogodependencias e mediación familiar, é un renomeado compositor e produtor musical con máis de 30 anos de experiencia en xiras, charlas e concertos ao redor do mundo. Creador do método «Transformando vidas con propósito», o seu enfoque único combina unha profunda comprensión da natureza humana e a fe, coa paixón pola música e o deporte, creando un impacto transformador nas vidas de quen escoita.