5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska
5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska

O Hogar Clínica San Rafael acollerá a Xornada do Enfermo

O Hogar Clínica San Rafael acollerá a Xornada do Enfermo
Foto: Cartel creado por la delegación de Pastoral de la Salud de Tui-Vigo.

A Xornada Mundial do Enfermo celebrarase na capela do Fogar Clínica de San Rafael —dos irmáns San Juan de Deus— en Vigo, ás 17 horas do venres 11 de febreiro, festividade da nosa Señora de Lourdes. A delegación de Pastoral da Saúde  e a Hospitalidade de Lourdes da diocese de Tui-Vigo organizan esta celebración  eucarística para pedir por todas as persoas enfermas e por quen lles coida.

Ademais desta celebración  eucarística, os voluntarios de Pastoral da Saúde da  diocese poderán asistir a un encontro de formación o vindeiro sábado 19 de febreiro, ás 10 horas, nos locais parroquiais da nosa Señora do Rocío. O encontro contará coa presenza da consagrada, Ana María García-Heras Martín, traballadora do servizo relixioso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol “Arquitecto Marcide” ( CHUF).

Con motivo desta cita anual, a delegación de Pastoral da Saúde actualizou os datos de contactos e os horarios de misa dos servizos relixiosos hospitalarios que se poden atopar na seguinte ligazón. Desde a delegación, animan a propoñer este acompañamento a todos os enfermos e ás familias, co desexo de que se respecte o dereito á liberdade relixiosa tamén na última etapa da vida e, en caso de ser necesario, proporciónense os medios para a firma do testamento vital.

A Conferencia Episcopal Española propuxo o lema «Acompañar no sufrimento» para conmemorar o 30º aniversario desta Xornada  instituída por  san Xoán Paulo II para sensibilizar sobre a necesidade de asistir aos enfermos e a quen os coida. Neste sentido, o papa Francisco remarcou, na súa mensaxe deste ano, que «aínda queda moito camiño por percorrer para garantir a todas as persoas enfermas, principalmente nos lugares e nas situacións de maior pobreza e exclusión, a atención sanitaria que necesitan, así como o acompañamento pastoral para que poidan vivir o tempo da enfermidade unidos a Cristo crucificado e resucitado».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp