16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Marta Vilas presenta o seu libro “Arquitectura parroquial y desarrollo urbano de Vigo. Siglo XX”

Marta Vilas presenta o seu libro “Arquitectura parroquial y desarrollo urbano de Vigo. Siglo XX”
Parroquia - Santuario de Nuestra Señora de Fátima

O Instituto de Estudos Vigueses presenta na Delegación de Vigo o vindeiro 26 de febreiro, o libro Arquitectura parroquial y desarrollo urbano de Vigo. Siglo XX  da autoría de Marta Vilas.

A autora o longo do libro ofrece unha visión exhaustiva da intrincada relación entre a evolución da arquitectura relixiosa e o desenvolvemento urbanístico de Vigo durante o século XX.

O libro analiza como a estrutura parroquial católica, inicialmente un piar na organización territorial galega, adaptouse e subdividíuse en resposta ao crecemento demográfico e os cambios urbanos da cidade. Destácase a influencia das políticas urbanísticas e as transformacións eclesiásticas, como o Concilio Vaticano II, na configuración dos templos e centros parroquiais. Tamén se resalta o papel de diversos arquitectos locais e as súas contribucións, a miúdo pasadas por alto, na materialización destas edificacións, as cales reflicten a asimilación gradual da modernidade na arquitectura viguesa ao longo do século.”

Data: Xoves 26 de febreiro.

Hora: 19:30 horas

Lugar: Salón de actos da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Rúa Doutor Cadaval, 5. Vigo.

A asistencia a esta presentación é libre, sendo precisa a inscrición para o control do acto, a través da seguinte LIGAZÓN.