5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska
5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska

O Instituto Teolóxico vigués celebra a Santo Tomás

O Instituto Teolóxico vigués celebra a Santo Tomás
Foto: El sacerdote y teólogo zamorano Francisco García impartirá la ponencia de este año.

O bispo presidirá a eucaristía e o decano de Teoloxía de Salamanca impartirá un relatorio.

O vindeiro luns 31 de xaneiro, ás 12 horas, o Instituto Teolóxico San José de Vigo conmemora a festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón dos  teólogos, cun acto académico posterior á celebración  eucarística que presidirá o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, na capela do Seminario Maior.

Tras a eucaristía, o sacerdote zamorano e decano da Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca ( UPSA), Francisco García Martínez, impartirá o relatorio «Cristo revelador. A  mistagoxía primeira da carne», no salón de actos do Seminario Maior.

Francisco García Martínez (Toro, Zamora, 1967) foi ordenado  presbítero o 18 de setembro de 1993 e é doutor de Teoloxía  Dogmática pola Universidade  Gregoriana de Roma. Desde o ano 2005, imparte clase na Facultade de Teoloxía da  UPSA. Durante cinco anos, foi director do Colexio Maior “Santa María” da  UPSA, destinado á residencia de sacerdotes con estudos de posgrao. Autor de nove libros, entre as súas publicacións cabe destacar: La humanidad re-encontrada en Cristo, Salamanca 2006; Jesús el Cristo siempre vivo, Madrid 2009; y El Espíritu, misterio de Dios y del mundo, Madrid 2011. Actualmente, é profesor de  Cristoloxía e Misterio de Deus, e decano da Facultade de Teoloxía da devandita Universidade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp