12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar
12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar

O luns comeza as clases de «Aula de Teoloxía»

O luns comeza as clases de «Aula de Teoloxía»
FOTO.- Lavatorio de los pies en la iglesia de la beata virgen María del Monte Carmelo en Snagov (Rumanía) | © Centro Aletti

O luns 23 de setembro, ás 19.30 horas, no Seminario Maior de Vigo, darán comezo as clases de «Aula de Teoloxía», unha das propostas formativas que ofrece o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo para a formación sistemática de laicos e aspirantes ao diaconado permanente nas disciplinas que configuran a Teoloxía católica. Este curso está especialmente pensado para os alumnos que finalizasen os cursos de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos».

Cun plan de estudos dividido en tres anos, esta formación promove: a capacitación para dar razón da fe e crear unha forte conciencia eclesial; a formación de laicos comprometidos na acción pastoral e diáconos nos deberes específicos dos seus ministerios; a preparación para axuizar as situacións e para realizar unha adecuada inculturación do Evanxeo; e o coñecemento as técnicas de comunicación e de animación pastoral.

  • Horario de clases: luns e martes, de 19.30 a 21.20 horas
  • Lugar: Seminario Maior en Vigo
  • Matrícula: 60 euros
  • Período lectivo: do 23 de setembro de 2024 ao 10 de xuño de 2025

O Centro Teolóxico «San Xosé» en Vigo conta cunha ampla proposta formativa para o curso 2024-2025, dirixida a laicos, sacerdotes e membros de vida consagrada. Trátase dunha formación integral e diversificada, ofrecendo a cada persoa distintas posibilidades que se adaptan aos seus intereses, pero tamén á prestación de diversos ministerios e servizos no ámbito da Igrexa.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp