O martes 7 de outubro, ás 11.30 horas, no salón de actos do Seminario Maio en Vigo, o Centro Teolóxico «San Xosé» comeza as clases de «Curso de formación permanente en Teoloxía». Esta formación, pensada para sacerdotes, segrares e vida consagrada, ofrece un espazo para profundar en temas concretos do ámbito teolóxico, a través dun modelo teolóxico-pastoral e sistemático que inclúe materias de fondo e cursos monográficos, ao longo de todo o ano académico.
En este curso 2025-2026, impartiranse dúas materias de fondo, que terán unha duración de oito clases cada unha. A primeira, do 7 de outubro ao 9 de decembro, será «Atiqua et nova. Nota sobre a relación entre a intelixencia artificial e a intelixencia humana», a cargo do profesor Clodomiro Ogando. Desde decembro e ata marzo, tomaralle a substitución o profesor José Antonio Eiró que impartirá «A iniciación cristiá».
Ademais destas materias de fondo, tamén se desenvolveron catro cursos monográficos: «Cuestións selectas de Cristoloxía», impartido por Guillermo Juan; «Historia e personalidades da nosa diocese», a cargo de Avelino Bouzón, Marta Cendón, Anxo Carniceiro e Joaquín Miguel Villa; «Filosofía contemporánea», por José Carlos Rodríguez; e «Carta do papa Francisco sobre a importancia da literatura», coordinado por un equipo de profesores. Cada un destes cursos componse de catro sesións distribuídas desde outubro ata febreiro.