19 de Abril de 2025,
San León IX

«O matrimonio como vocación», tema do último encontro formativo de Pastoral Familiar

«O matrimonio como vocación», tema do último encontro formativo de Pastoral Familiar

O sábado 5 de abril , a as 10.30 horas, nos locais parroquiais da Nosa Señora do Rocío en Vigo, a delegación de Pastoral Familiar da diocese convoca o último encontro «Construíndo familia» do curso 2024-2025. «O matrimonio como vocación» é o título desta última sesión, que será impartida por Susana Pradera e Josico Mata, que, ata novembro de 2024, foron responsables internacionais do movemento eclesial Encontro matrimonial.

«Construíndo familia» é unha iniciativa dirixida a todos os axentes de pastoral da diocese que se dedican a coidar e acompañar o crecemento das familias, pero, especialmente, pensado para aqueles que se encargan de formar a futuros matrimonios a través dos cursos prematrimoniais —paso previo que deben realizar as parellas, antes de recibir o sacramento do Matrimonio—. Ao longo de todo o curso, a delegación de Pastoral Familiar convoca tres sesións co obxectivo de profundar en diferentes temas que poidan axudar a formación de novos e veteranos axentes de pastoral —segrares e sacerdotes—.