15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores
15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores

O mosteiro das Salesas rexuvenece con catro  novas irmás

O mosteiro das Salesas rexuvenece con catro  novas irmás

Desde o pasado mes de novembro,  o mosteiro da Visitación das irmás salesas de Vigo conta cunha nova comunidade formada por catro novas irmás que, desde Lugo, trasladáronse a Teis  para rexuvenecer esta comunidade, presente desde 1927 na cidade olívica. O 6 de novembro, tomou posesión do seu novo cargo como superiora da comunidade a nai María Virginia, tamén chegada da cidade lucense.

Tal e como expresou o delegado para a Vida Consagrada de Tui-Vigo, o pai Alfredo García, CMF, «espéranse posteriores incorporacións, de modo que Vigo poida asegurar un mosteiro de vida contemplativa nos próximos anos». Neste sentido, o pai Alfredo anima a toda a comunidade diocesana a «corresponder coa nosa oración e dando a coñecer o mosteiro aos nosos fieis, especialmente aos mozos e mozas», dado o esforzo que a Orde da Visitación realiza reforzando a comunidade na diocese de Tui-Vigo.

O mosteiro da Visitación das Salesas Reais, situado no barrio da Calzada de Teis , foi proxectado en 1942 polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, que emprego granito para a construción do edificio. A utilización —na parte exterior— das pedras tal como saen das canteiras, sen puír, confire á fachada un aspecto rústico, reforzado coa presenza de contrafortes nos muros exteriores.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp