Do 26 ao 28 de abril, o movemento Cursos de Cristiandade organiza un novo cursillo no convento de Santo Diego de Canedo (Ponteareas), baixo o lema «Cristo vive». No contexto do tempo litúrxico da Pascua, este curso ofrece uns días de convivencia e reflexión persoas, para profundar no coñecemento dun mesmo e da propia fe nun ambiente de comunidade e fraternidade.
As persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información poden facelo na parroquia de Santiago o Maior de Vigo ou ben a través dos seguintes números de teléfono: 607 718 767 (J. Antonio, consiliario); 609 305 006 (Tere, presidenta); ou 607 423 822 (Abdón).
Cursos de Cristiandade é un movemento eclesial de difusión mundial que actúa no interior de la Iglesia Católica. Con 75 anos de historia en España, realizaron máis de 10 mil cursos e están presentes en 57 diocese. Desde 1957, cando se organizou o primeiro curso para homes, na diocese de Tui-Vigo realizáronse 238 Cursos de Cristiandade —108 mixtos, 90 para homes e 40 para mulleres—; na actualidade, os cursillistas reúnense os martes nos locais parroquiais de Santiago o Maior de Vigo, tras a celebración da eucaristía ás 19.30 horas.