28 de Abril de 2025,
San Pedro Chanel

O papa Francisco dedica a encíclica «Dilexit nos» á devoción ao Corazón de Xesús

O papa Francisco dedica a encíclica «Dilexit nos» á devoción ao Corazón de Xesús

O xoves 24 de outubro, a Santa Sedepublicou a cuarta encíclica do papa Francisco, Dilexit nos . Carta encíclica sobre o amor humano e divino do Corazón de Xesucristo, sobre a devoción ao Sacro Corazón de Xesús. O Santo Pai xa anunciou a súa publicación durante a audiencia xeral do pasado 5 de xuño, un mes tradicionalmente dedicado ao Corazón de Xesús.

O papa Francisco manifestou o seu desexo é que este texto poida facer meditar sobre aspectos «do amor do Señor que iluminen o camiño da renovación eclesial; pero tamén que digan algo significativo a un mundo que parece perder o corazón». Tamén explicou que o documento recolle «as preciosas reflexións de textos maxistrais anteriores e dunha longa historia que se remonta ás Sacras Escrituras, para propoñer novamente hoxe, a toda a Igrexa, este culto cheo de beleza espiritual».