9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

O papa Francisco envía o seu pésame ante o falecemento de Mons. Diéguez

O papa Francisco envía o seu pésame ante o falecemento de Mons. Diéguez
Foto: Antoine Mekary | ALETEIA

Con motivo do falecemento do bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. José Diéguez. Reboredo, o pasado 18 de xullo, o cardeal Pietro Parolin, secretario de estado do papa Francisco, enviou á diocese de Tui-Vigo unha mensaxe no transmite “o pésame ao bispo, ao clero, aos axentes pastorais e fieis laicos desta Igrexa particular, así como aos familiares e coñecidos do defunto”. Así mesmo, no comunicado, o Card. Parolin expresa que “o papa Francisco ofrece sufraxios polo eterno descanso da súa alma, á vez que, como signo de fe e esperanza cristiá, no Señor Resucitado, imparte con afecto a confortadora bendición apostólica a cuantos choran tan sensible perda”.

Esta mensaxe enviada a través da Nunciatura Apostólica, foi lido, hoxe, no funeral polo eterno descanso de Mons. José Diéguez, que tivo lugar na catedral tudense e que presidiu o actual bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, acompañado dos bispos da Galicia e outras zonas de España. Tamén asistiu un amplo número de presbíteros das dioceses de Tui-Vigo.

Ao fío das lecturas bíblicas do día, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, definiu a Mons. Diéguez como “un gran pastor que tivo que tomar decisións concretas e arriscadas como Pedro e que como Elías sentiu a soidade e tamén o Señor concedeulle o gozo da suave proximidade da súa presenza”. Tamén manifestou que o seu antecesor “loitou ata desfalecer pola comuñón eclesial. Facela realidade foi o gran empeño do seu ministerio episcopal na nosa Diocese de Tui-Vigo, converténdose nun modelo de bispo austero, servidor e dilixente que o Papa Francisco pide para a Igrexa nestes novos tempos.”

Mañá, xoves, ás 18 horas, na viguesa concatedral-basílica de Santa María, a diocese de Tui-Vigo celebrará un segundo funeral polo eterno descanso de Mons. José Diéguez, que foi bispo desta diocese desde xullo do 2006 ata xaneiro de 2010.  

Texto da Nunciatura Apostólica en España

Excelencia Reverendísima:

Por encargo de la Secretaría de Estado, me apresuro a transmitirle el siguiente Mensaje del Sr. Cardenal Pietro Parolin, Secretario de Estado de Su Santidad, el papa Francisco:

S.E.Mons. Luis Quintero Fiuza, obispo de Tui-Vigo,

Recibida la triste noticia del fallecimiento de monseñor José Diéguez Reboredo,  obispo emérito de esa circunscripción eclesiástica, el santo padre desea hacer llegar su profundo pésame a vuestra excelencia, al clero,  agentes pastorales y fieles laicos de esa iglesia particular, como también a los familiares y conocidos del difunto.

Asimismo, recordando a este abnegado pastor que, durante su larga vida y con generosa fidelidad, entregó su vida al servicio de dios y de la iglesia, también en las diócesis de Osma-Soria y Ourense, el papa francisco ofrece sufragios por el eterno descanso de su alma, a la vez que, como signo  de fe y esperanza cristiana en el señor resucitado, imparte con afecto la confortadora bendición apostólica a cuantos lloran tan sensible perdida.

Cardenal Pietro Parolin, secretario de estado.

Uniéndome a los sentimientos de pésame y a la oración en sufragio por el eterno descanso de su amado S.E. Mons. Diéguez Reboredo, reciba un cordial saludo lleno de afecto en el Señor.

Bernardito C. Auza, nuncio apostólico.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp