Con motivo da Visita ad limina que comezou o pasado domingo, onte pola mañá, o papa Francisco recibiu ao bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, nunha audiencia común co resto de bispos das provincias eclesiásticas de Galicia, Oviedo, Burgos, Zaragoza, e Pamplona e Tudela.
Mons. Luís Quinteiro cualificou a audiencia como un “momento fermoso, no que nos atopamos cun pai cheo de agarimo, que nos mostrou a un home valente, sen medo a nada; unha persoa que nos convidou a abrir a nosa vida, a entregarnos”.
Os bispos da Igrexa católica adoitan realizar a Visita ad limina cada cinco anos —a última foi en 2014— co obxectivo de venerar os sepulcros dos santos apóstolos Pedro e Pablo, e de ser recibidos polo Papa, a quen presenta un informe de estado de cada diocese.
As orixes históricas da Visita ad limina Apostolorum (expresión que significa “aos limiares – das basílicas – dos Apóstolos, San Pedro e San Pablo”), datan do século IV aínda que foi o Papa Sixto V en 1585 quen a institucionalizou e dispuxo de modo máis sistemático.