5/04/2020

,

San Vicente Ferrer
Menu

O Papa visitará en Greccio o primeiro Presebe que preparou san Francisco

O Papa visitará en Greccio o primeiro Presebe que preparou san Francisco

No final da Audiencia Xeral do último mércores de novembro, o Santo Pai anunciou a súa próxima visita o domingo 1 de decembro ao Santuario franciscano do Presebe na localidade italiana de Greccio: “irei para rezar no lugar do primeiro Presebe que fixo san Francisco de Asís e para enviar a todo o pobo crente unha carta para comprender o significado do presebe”.

A súa visita espérase con sorpresa e ledicia no Santuario no que se atopa tamén a Gruta do Presebe na que San Francisco celebrou o Nadal de 1223 cunha representación viva do Nacemento de Xesús en Belén, un acontecemento que deviría tradición co paso dos séculos e que axuda a tódolos fieis cristiáns a vivir mellor o Natal, para o que nos prepararemos no tempo do Advento que comeza, precisamente, o próximo domingo.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest