Con motivo da festa de san Matín de Tours, que a Igrexa celebra o 11 de novembro, a asociación Encrucillada fai pública unha reflexión titulada «O pobo fai a fala, a fala fai o pobo», froito dos datos publicado hai un mes polo Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego. O texto íntegro pódese atopar na web da asociación.
Os datos son o resultado da enquisa estrutural a fogares sobre o coñecemento e o uso do galego por parte da cidadanía de Galicia, realizada por este organismo autonómico durante o ano 2023. A enquisa levase a cabo cada cinco anos, polo que, os datos actuais corresponden ao período 2018-2023.