25 de Xullo de 2024

,

Santiago Apóstol
25 de Xullo de 2024

,

Santiago Apóstol

O profesor Xosé María Lores Pérez será o pregoeiro da Semana Santa de Tui

O profesor Xosé María Lores Pérez será o pregoeiro da Semana Santa de Tui
Foto: Entrada al templo catedralicio de Tui | © Catedral de Tui.

O domingo 17 de marzo, ás 18.00 horas, a capela das Reliquias da catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo de Xosé María Lores Pérez, profesor xubilado do IES «San Paio» de Tui. Tras a alocución deste Pregón da Semana Santa, haberá un pequeno concerto a cargo de alumnos e profesores do Conservatorio Municipal de Música de Tui.

A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da asociación «Amigos da Catedral de Tui», en colaboración co cabido catedral de Tui a Irmandade do Doce Nome de Jesús e Santa Casa de Misericordia e o concello de Tui. Desde o ano 2012, realízase este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial.

Sobre Xosé María Lores Pérez

Xosé María Lores Pérez (Pontevedra, 1961) é licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985). Foi profesor de Grego nos IES Santa Irene-Vigo (1985-86), IES Valle Inclán-Pontevedra (1986-87) e IES San Paio-Tui (1987-2022). Neste último centro foi xefe de estudos (1991-2005), coordinador da biblioteca do mesmo e do club de lectura «Pedra do Acordo». Xubilouse como catedrático de Grego. Na actualidade é titor de cursos de PLATEGA (Plataforma de Teleformación Galega), membro do consello editorial da Revista Galega de Educación e como el mesmo subliña, sobre todo, lector.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp