14/07/2020

,

San Camilo de Lelis

O programa de actos do Instituto Teolóxico con ocasión da celebración de San Tomé de Aquino

O programa de actos do Instituto Teolóxico con ocasión da celebración de San Tomé de Aquino

O vindeiro venres 24 de xaneiro o Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo celebrará a festa de san Tomé de Aquino, patrón dos teólogos.

O programa de actos iníciase cunha celebración eucarística ás 12:00h. na Capela do Seminario Maior, presidida polo Bispo da Diocese, D. Luis Quinteiro Fiuza.

A continuación o Salón de Actos acollerá o acto académico, cunha conferencia a cargo do doutor Santiago Madrigal Terrazas, xesuíta e profesor de Teoloxía Dogmática e Fundamental na Universidade Pontificia de Comillas. A conferencia, que leva por título “¿Una nueva etapa en la recepción del Concilio Vaticano II?”, comezará ás 13:00h.

A entrada é libre para quen desexe acudir.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on print
Print