11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

O proxecto C.L.A.R.A de Cáritas de Tui-Vigo, no programa «Polo camiño d fe»

O proxecto C.L.A.R.A de Cáritas de Tui-Vigo, no programa «Polo camiño d fe»
FOTO.- Imagen extraída del programa «Polo camiño da fe» | © Televisión de Galicia

O domingo 4 de agosto, o programa da Televisión de Galicia (TVG) Polo camiño da fe emitiu un episodio sobre o proxecto C.L.A.R.A que , desde xullo de 2023, desenvolve Cáritas Diocesana de Tui-Vigo dentro do seu programa para a Infancia, Adolescencia e Familia, co obxectivo de ofrecer unha resposta efectiva e necesaria ás problemáticas de acceso a vivenda e a feminización da pobreza. Ao proporcionar unha contorna segura e estable, permite ás mulleres e familias máis vulnerables centrarse no seu crecemento persoal e profesional. A medida que o proxecto avanza, espérase que máis familias poidan beneficiarse deste recurso, logrando finalmente unha independencia e estabilidade a longo prazo.

Polo camiño da fe é un programa relixioso producido pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela e emitido a través da Televisión de Galicia, todos os domingos, ás 09.45 horas, posteriormente, comeza a retransmisión da eucaristía desde a cidade compostelá, no templo parroquial de San Frutuoso.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp